03/02/11

Kafka e a boneca viaxeira.


O libro, ao principio,  non parecía moita cousa pero cando comencei a lelo sentín que, cada páxina que pasaba, crecíanme máis as ganas de non acabalo.
É un libro moi diferente e cheo de doces sentimentos. No que conta a historia dunha nena que perde a súa fonte de alegría, e coñece a un home que só lle quere devolver a felicidade. El cóntalle que a súa boneca non se perdeu e que se foi de viaxe. Finxe ser un carteiro de bonecas e en cada unha das súas cartas, conta as maravillosas aventuras de Bríxida.
Elsi, a nena, espera cada día as cartas da súa amiguiña, e ao final termina por entender os seus desexos.
Este libro encantoume polos seus sentimentos, a forma na que Franz Kafka transforma as lágrimas dunha nena que non coñece de nada nunha grande sonrisa e aprende a entender todo sobre a inocencia. Recoméndovos este libro, para que vós tamén aprendades a sentir o significado da verdadeira alegría e da amizade. Seguro que vos gusta.



Yanka, 2º B

CHARLIE É A FABRICA DE CHOCOLATE

Charlie e a fabrica de chocolate é un conto moi bonitiño. Conta a historia de Charlie un neno que vive nunha casiña mal feita é non moi acolledora . A Charlie gustalle moito o chocolate en especial o da fabrica que esta o preto da sua casa a fabrica de chocolate WONKA. Os pais do neno non teñen diñero para alimentar o seu fillo e menos pra darlle chocolate. So rcibe una tabletiña dese rico manxar no seu cumpleanos .
Un dia un anuncio reboluciona a cidadee case o mundo . WILLY WONKA o dono da fabrica de chocolates WONKA clocou 5 billetes dourados no interios de 5 chocolatinas , os 5 afurtundos de enconotrala poderian entrar a fabrica y serian agasallados con chocolate pra toda a vid
Cando xa so quedaba un billete Charlie encontrouse cun billite e deidiu comprarse unha chocolatina , o que nunca poderia imaxinar é que seria a chocolatina que contiña un billet dourado e non calquer billete senon o último billete dourado .a
O avo de Charlie coñecia moitas cousas de WONKA xa k traballara na fabrica facia moito tempo .
Charlie tiña quir cun acompañante a fbica e esa era o seu abo .
Xa no interior da fabrica pouco a poucoos nnos ian por dicilo asidesaparecendo pouco a pouco como castigo das suas gamberradas o que non sabian era que Charlie ia acabar sendo o dono da fabrica.
WILLY WONKA xa era maior e decidiu darlle a sua fabrica a un neno con bo corazon é con boas intencions . Ese era CHARLIE
con
Elena Veiga,1ºA

19/01/11

Unha das mellores lecturas da historia da literatura galega

O escritor  Xosé Neira Vilas nacen nunha pequena aldea de Gres, pertencente ó Concello de Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928. Cando contaba con vinte anos emigrou a Bos Aires, cidade na cal estivo en contacto con importantes personalidades da cultura galega, e no ano 1961 pasa de Arxentina a Cuba.
Xosé Neira Vilas
"En Bos Aires acabamos
na comisaría por cantar
en galego nun bus"
A súa obra máis coñecida Memorias dun Neno Labrego publicada en Arxentina no ano 1961, xa cumpre 50 anos da súa publicación. É o relato galego máis lido de toda a historia da literatura galega, supera a decimoquinta edición e foi traducido a varios idiomas.

Esta novela intentanos relatar como era o estilo de vida nos anos 40 dun rapaz labrego chamado Balbino nunha aldea galega. Esta obra reflíctenos o mundo rural e a emigración.
O libro tivo como primeiro lector a  Rafael Dieste, logo Luís Seoane que estivo interesado pola obra e ata fixo un debuxo para a cuberta da primeira edición.

Nel cóntanos o seu diario das súas experiencias, desde as festas tradicionais coma o Entroido ou as da parroquia ata a vivencia dramática da familia pola morte do padriño esmagado por un carro, que lle impide disfrutalas. A morte tamén se achega ao seu can Pachín. Pero sempre ten esperanza e loito contra un futuro non escrito.

Neste xogo de contradiccións a emigración pode ser o mellor camiño, como asegura seu pai cando marcha para América o irmán Miguel, ou unha falsa saída, como defende o padriño.
Ás veces, certamente, a única saída rebelde contra a inxustiza é a fuxida. É o que fai cando seu pai lle pega por enfarruscarlle a cara ao ricachón e mimado Manolito. Na procesión escapa e para na casa dun xudeu, que lle reflexiona sobre a hipocrisía da xente, que non busca a verdade nin a xustiza.



A escola é frustrante e non abre moitos camiños. Primeiro, o mestre andaluz non entende a terra na que está nin o entenden a el. Logo, namórase da mestra de Betanzos e convértese nun dos mellores alumnos. Pero ela casa, marcha e entón Balbino négase a volver ao colexio.

Seu pai castígao poñéndoo a servir. Pero aprendeu do xudeu que o que importa na vida é ser honesto e solidario, do enterrador que deixando feito algo de valor non morre de todo. Cando emigra o amigo Lelo, comeza a escribirlle contándolle cousas de alá, despois dun tempo abandoa a escrita ao xa ter con quen desafogar os seus pensamentos. Déixallo a Alberte, universitario que escribe libros, que disque que non llo vai ensinar a ninguén por vergoña.

Recoméndovos ler esta novela porque durante a súa lectura lembrarános algunha vivencia nosa ou herdada.


Ligazóns de interese:

Videoteca do autor.
Déixovos un dos fragmentos do libro "Balbino".
Se queres ver unha entrevista súa preme aquí.
Para ver a páxina da súa fundación preme aquí.

Xornais opinando:
La voz de Galicia

FERNANDO 2ºA

18/01/11

Eu son Balbino, un rapaz da aldea, coma quen dis: "un ninguén"

Así dise chamar Balbino, a coñecida personaxe creada por Xosé Neira Vilas, gran escritor galego e creador da historia "Memorias dun neno labrego", na que reflexa a vida dun rapaz duns trece anos e a súa vida na aldea.
Este libro que se creou en 1961, foi un gran best-seller ata agora, xa que foi traducido a moitos idiomas.

Xosé Neira Vilas xa foi homenaxeado o cinco de xaneiro polo 50 aniversario do libro Memorias dun neno labrego, pola editorial Galaxia que sacou unha nova versión da obra. Feita polo pintor Luís Seoane.

Tamén, na Coruña farán unha exposición de Memorias dun neno labrego en todos os museos das bibliotecas da cidade.

Agora vouvos falar un pouquiño máis deste escritor:

O 10 de febreiro de 1949 chegan ó porto de Bos Aires centos de emigrantes, entre eles encóntrase un mozo de 20 anos nacido en Gres, o 3 de novembro de 1928, Xosé Neira Vilas.

Vai a escola de xornalismo da escola nacional de Bos Aires.

En 1953 crea as "Mocidades galeguistas" e edita a revista “Adiante".

No ano 1956 forma parte da comisión organizadora do "Primeiro congreso da emigración galega en América".

En 1957 casa con Anisia Miranda, escritora cubana, filla de galegos. Pouco despóis funda, xunto José Antonio Portuondo, a "Seción galega do instituto de literatura e lingüística da academia de ciencias de Cuba". Alí ensínase a lingua e cultura galegas.


NOEMI IGLESIAS, 2ºA

17/01/11

O Best Seller da nosa literatura

Memorias dun neno labrego é un dos libros máis importantes da literatura galega, escrito por Xosé Neira Vilas.

Este libro está situado no rexurdimento, nas emigracións dos galegos a América por falta de recursos aquí, entre os anos trinta e corenta...

Así comeza a novela:
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais pobre."

Balbino é un neno aventureiro e vergonzoso pero a súa vez é picaro e valente. Ao longo da novela vemos crecer o personaxe envolto polos asuntos fundamentais da vida: o amor, o fracaso, a morte, a procura da felicidade, a moral e a loita pola dignidade.

A súa familia carece de recursos, e o pai é moi estricto, pero isto, non lle impedirá que lle sucedan moitas (des) venturas que plasmará nun caderno coa ilusión de que algún día se converta nun escritor de éxito, aínda que agora sente moita vergoña que alguén llo atope, xa que, nel reflexa os seus sentimentos.

- Creo que como bo lector debes ler este libro, porque garante unha historia entrañable que ben nos podería suceder a calquera de nós nesa época.

- Aquí déixovos isto para que o olledes:

16/01/11

NÓS VIMOS "LIMPEZA DE SANGUE"

Realista, pero cun toque de humor. Así poderíamos definir a representación a grandes rasgos. Unha obra que nos mostra o lado escuro da vida: as drogas, as malas compañías, o vandalismo, etc. Ao mesmo tempo que fai crítica da corrupción da policía, mostrando tamén así a súa peor cara.
A obra achéganos unha historia chea de enganos, tapadeiras, mentiras, sobornos... que nos fan pensar que nin os bós son tan bós nin os malos son tan malos.
Fálasenos dun rapaz, ex-drogodependente que está na procura dun ril. Un rapaz que pouco a pouco intenta volver a encamiñar a súa vida asentando a cabeza e facendo as cousas como é debido.
A historia transcurre maioritariamente na sala de diálese onde o protagonista intenta mellorarse mentres non chega o ril que precisa. Alí precisamente, coñece a un home co que fai bastante amizade. Con este mesmo home descobre que algúns dos que el consideraba "amigos" vendérano á policía xa que era colaborador.
Transcurre un período longo de tempo no que pasan milleiros de cousas: neglixencias médicas, ameazas, asasinatos animais, vexacións...
Despois de todas estas cousas, e cando as augas parecen pintar mansas para o noso protagonista, chega o momento da operación de transplante, na que está en xogo a súa vida.
Desta forma os actores representan de maneira moi real, este tipo de situacións (por sorte ou por desgracia) tan frecuentes nestes tempos. Sempre lembrándose de dar un punto simpático ao dramático da situación para reclamar a atención do espectador. O uso dun vocabulario común actualmente tamén é un factor a favor dos actores á hora de chegar ao público.
A escenificación é un punto a destacar polo seu logrado resultado en todas as escenas da representación.
Como punto de vista persoal, eu calificaría de moi boa a obra. Xa que é moi entretida.

Jennifer Figueiras, 1ºA Bach