Esta novela escrita por María Reimóndez, trata sobre seis mulleres de idades e maneiras de vivir moi diferentes, unídas polo club da calceta, na que contan todas as súas vivencias.
Cada capítulo conta a historia de cada unha delas. E encóntrase durante todo o tempo a figura da tía Davinia, o prototipo de espíritu loitador e feminista que todas elas aprecian.
Os capítulos divídense así:
-Elástico: Neste fala Matilde, unha muller que non se sinte a gusto con ela mesma, xa que se sinte moi gorda. Ela foi militar, e o seu marido, Manuel, tamén. Manuel era un home moi machista e con forma de pensar moi antiga. Matilde parecíase moito físicamente á tía Davinia.
-Dianteira: Anxos encárgase de contarnos a súa historia neste capítulo, unha muller moi feminista e con pensamentos moi firmes. É moi forte de carácter, incluso chega a ser agresiva. Tenlle unha gran manía á maioría dos homes, aínda que namórase dun, de Damián. Nunha parte da historia consegue facer unha manifestación feminista coas outras mulleres da historia. Anxos é estudante.
-Mangas: Aquí, Rebeca fálanos da historia de amor co seu mozo, cousa da que os pais non saben nada. Durante todo o seu relato fala do traballo e do inconforme que esta con el, xa que os homes fíxanse demasiado nela e pouco nas súas capacidades.
-Colo: Neste, Elvira, unha beata moi relixiosa e fiel a Deus, conta os inconvenientes que encontra unha muller na Igrexa, as diferencias que existen entre os curas e as monxas, os pecados e os seus castigos... Sempre nombra a Deus ou a algún santo cando fala.
-Traseira: Luz, unha muller soñadora, que imaxina historias de amor e en encontrar o seu príncipe azul, dase de conta de que a vida non sempre é así. A súa nai é prostituta, son unha familia pobre. E os nenos burlábanse dela no colexio porque a súa nai traballaba niso. Despois, á temprana idade de catorce anos, a súa nai mándaa traballar tamén de prostituta.
-Puños: Desta vez, Fernanda, a protagonista desta parte está bastante conforme, xa que o seu marido, Xan, mira e coida dela porque lle ten moito cariño. Nanda é coxa e traballa no campo. Tamén, a parte do traballo do campo, quere sacar o carnet para conducir un bus.
Ó final, no capítulo chamado "Xersei", fálase das dificultades que unha muller encontr á hora de conseguir un traballo. No que elas tamén deciden abrir unha tenda, "Á túa medida", na que venden patróns, la, todo o necesario para calcetar e prendas xa feitas.