CHAMÁDEME SIMBAD
No clube de lectura déronnos un libro para ler no entroido. E tamén nos dixeron que ía vir o autor del, Francisco Castro. Espero que veña porque teño moitas ganas de que nos fale sobre o libro e das diferentes personaxes. Estivo bastante ben, cando empecei a lelo non puiden parar.
Vouvos contar un pouco de que vai.
Este libro relátanos a historia dun rapaz de dez anos chamado Paulo, el conta que seu pai chega do traballo e sempre está pendente do móbil. O avó padece alzhéimer e non recoñece ás veces nin ao seu fillo e a nai di que a van volver tola entre todos. O avó é como o seu amigo, co que xoga pola casa adiante a que el é o Capitán dos Sete Mares e o neto Simbad. Aínda coas rarezas da súa enfermidade, Paulo é un referente seguro para o ancián e este o amigo máis querido polo rapaz.
Todo cambia nun domingo no que cando espertan o avó non está na casa. Por máis que o buscan pasa un tempo e a policía renuncia a atopalo. O pai nin sequera sabe a historia de Simbad, o Mariñeiro, que tantas veces lla contara o avó.
A súa gran aventura comeza un día que lle trae o carteiro unha carta do Capitán dos Sete Mares dirixida a Simbad. Nela, o avó, envíalle unha chave pequeniña e explícalle que fuxiu porque os filibusteiros querían afundirlle o barco e que pode atopalo na Taberna do Pirata. Cando lles pregunta aos pais pola taberna, póñense nerviosos e alporízanse, polo que ten que descubrir onde está el só.
No cuarto do ancián, detrás dun libro de Simbad, atopa unha caixa con fotografías e cartas do avó dirixidas ao seu irmán Bernardino. Tamén unha tarxeta co enderezo da taberna. Grazas a ela, chega ao bar de Bernardino, onde se agochaba o avó e no que cando tamén aparecen os pais á busca de Paulo, aclaran o asunto, o ancián fuxira porque o fillo quería metelo nunha residencia e el non podía soportar a idea de separarse do neto.
Ó final, atoparon a mellor solución para todos: un Centro de Día, soluciona a problemática atención do ancián e á noite o capitán volve con Paulo.
Esta obra fainos ver a importancia que ten respetar a xente maior.
Fernando Costa