09/05/11

NA TERRA DOS SOÑOS



 Para variar, este trimestre Pepa mandounos elexir un libro ,  de Cunqueiro, Blanco Amor, Ánxel Fole... e eu sen dubidalo escollín a Cunqueiro. Pra min é máxico, xa que consegue facernos entrar nun mundo fantástico por moi negro que este o real...que vos esperabades é de Mondoñedo :P.

Xosé Liñeiras.

Este home naceu con seis dedos na man dereita e outros seis dedos no pe dereito, era coñecido por Pepiño Seisdedos.
Foi visitalo unha tía súa que vivía na Habana e contoulle a Pepiño que xa máis familiares seus tiveran seis dedos, o que quería dicir que os seis dedos viñan de herdanza familiar. Dende aquela xa non se avergoñaba dos seus dedos e amosabaos a quen o desexase. Sempre andaba co pé limpísimo xa que iba a moitas feiras pra averiguar se existía alguén máis con seis dedos, porque como iso viña de herdanza, os que tiveran seis dedos tiñan que ser familiares de seu.
aínda hai máis


Amadeo de Sabres.

Todo empezou un día no que Amadeo ía pra a feira de Negreira, saiu da súa casa e decatouse de que esquecera o paraugas, volveu por el e este asubioulle. Amadeo desta vez non lle deu maior importancia.
Pero chegou o día no que Amadeo non podía tomar ningunha decisión libremente, xa que todas as cousas asubiábanlle dandolle ordes. Empezaron a asubiarlle tamén as persoas, e como ao médico non podía levar todo o que lle asubiaba decidiu tapoarse os oídos, así foi como se deu de conta de que non eran as cousas as que asubiaban senon que era el mesmo...volveuse tolo e levarono a Conxo.

O loro das Esmelgas.

Un da familia dos Esmelgas, que estaba en Brasil, trouxo un loro foi a novidade durante algún tempo na bisbarra xa que non se falaba doutra cousa. O cura de Moade, don Paco Silvestre, quería ensinarlle latín pero o loro berraba a cada momento, "Eu son Café Filho!".
O loro púxose malo ao estar acostumado ao calor de Brasil e pasar ao frío e a humidade das brétemas meiregas. Don Paco queria mandalo a xunto do cura de Panticosa, no Pirineo aragonés, a un sanatorio onde estaba comprometido a pagarlle seis meses de hospedaxe ao loro. Pero Café Filho morreu antes de que chegara a resposta. Enterrarono decentemente en campo santo nunha lata de doce de marmelo.

Tristán García.


Tristán nunca soupo de onde proviña o seu nome e non coñecía a ninguén que se chamase como el.
Este foi facer a mili a León, e alí comprou nun quiosco "La verdadera historia de amor de Tristán e Isolda", ao fin sabería de quen proviña o seu nome. Ao acabar de ler a historia púxose a buscar a súa Isolda desesperadamente. Un día chamouno un sarxento e dixolle que había unha viuda chamada Isolda que traballaba de churreira.
Tristán foi a buscala e cando a encontrou veu que era unha velliña cos cabelos brancos índa asi decidiu falarlle, en canto Tristán lle dixo o seu nome a pobre Isolda púxose a chorar. Entre bágoas esta dixolle que estivera agardando pero como non chegou casouse cun tal Ismael.
Tristán foise moi triste cara a estación e cando ía subir ao tren, apareceu Isolda cun paquetiño de churros, doullo a Tristán e bicoulle a man. Isto é amor!

Aí quedan  unhas cantas historias do libro. A min encantoume xa que é moi ameno e cada historia é diferente, asi que ...aseguroche que non te vas aburrir.




Patricia 4º B