Hoxe as 12:30 h. galega (ou española, como dín algúns incultos) veunos visitar unha rapaza noviña e simpática que sen dúbida namorounos pola súa forma de expresión.
Fixo que nos desemos conta de que somos galegos non por casualidade senon por sorte, que cando alguén nos gusta o que realmente pensamos é que nos presta e as rapazas, somos como somos, porque queremos e as fadas so aparecen nos contos.
O outro lado do charco encóntranse os nosos primos ( arxentinos, entre outros...) polos que ela sinte moitísimo cariño e compón cancións cas propias características mezclando blues, rock...
A mín, tamén me gustaría poder chegar o día de mañá a un garito ou instituto (por exemplo, o meu) e expresar o que sinto e os meus recordos, por exemplo, o que aprendín con ese "esquema" que polo que se ve, todo o mundo coñece.
Para iso non vou perde-la esperanza, vou continuar perseguindo os meus soños e non penso deixar que os problemas se interrumpan no meu camiño porque grazas o galego poderéi percorrer medio mundo, ese mundo que as veces non é tan grande como parece pois... Sés é a miña veciña, coñéceme dende que nacín aínda que eu verdadeiramente a coñecín hoxe.
Esperamos que volva pisar o seu instituto e nós o poidamos ver, porque ata agora foi sen dúbida a mellor actividade que tivemos.
Aquí vos deixo a súa páxina e aquí o seu facebook.
Grazas Sés por regalarnos iso tan fermoso que temos: a vida, e con ela a realidade! Un bico e deséxote o mellor.
Miriam Costa Lagoa