22/03/13

Maus, historia do Holocausto.

Este libro que en principio pode parecer unha banda deseñada coma outra calquera agocha no seu interior unha historia máis que interesante sobre o sucedido en Europa, concretamente en Polonia, en tempos de Hitler.

Trátase da biografía dun xudeu, Vladek Spiegelman, quen lle conta o sucedido coa súa familia durante a guerra ao seu fillo Art. El ten bastante interese na historia do seu pai xa que pretende escribir unha banda deseñada sobre ela. Neste libro nárrase perfecamente a diferencia entre o trato que lle daban os nazis aos xudeus e o que lle daban aos outros polacos. Nárralle ao seu fillo absolutamente todo, en profundidade e con sentimentos bastante fortes xa sexan de alegría ou de tristura.




Observei con isto e máis con todo o que aprendín que as persoas por moi alonxadas que estean non son tan diferentes, os xudeus e polacos, por exemplo, non tiveron a culpa de que Hitler fora na súa contra e os perseguira, ao igual que os galegos non tiñamos culpa ningunha de que os casteláns tiveran esa teima con dinamitar a nosa existencia durante séculos.

Pareceume unha moi boa idea que aproveitaran o xénero da historieta, xa que poden transmitir máis cousas debido á incorporación de imaxes, para poder representar simbólicamente aos xudeus coma ratos e aos nazis coma se fosen gatos. Na miña opinión esta novela gráfica ten ben merecido o seu premio Pulitzer xa que rompe có anterior xénero da novela histórica e deseña unha nova, mellor e máis entretida e doada maneira de achegar ao lector.

Andrés Domínguez