06/03/13

O terrible drama do Holocausto

O nome de Ana Frank responde a un dos testimonios máis impactantes da brutalidade do holocausto que viviron os xudeus durante a segunda guerra mundial. A rapaza viviu agochada dous anos xunto a súa familia e outras catro persoas do exército alemán nunha casa de Ámsterdam. 

Durante ese tempo tivo a aportunidade de recopilar as súas vivenzas no seu escondite escribíndoas nun diario. Nel desenvolve e explica toda a vida da familia Frank, desde o nacemento do seu pai Otto en 1889 ata a tráxica morte da protagonista en 1945 no campo de concentración de Bergen Belsen cando tiña 15 años.

Na actualidade esta obra está considerada como unha das máis recoñecidas en todo o mundo, xa que se narra un emotivo testimonio da persecución que sufriron os xudeos durante a II Guerra Mundial co fin de coñecer a figura de Ana Frank e as terribles circunstancias nas que tivo que vivir. Sid Jacobson y Ernie Colón van máis ala do diario e crean esta biografía gráfica.

Polo que estiven lendo, este libro en versión gráfica mantén a mesma emoción que o relato orixinal pero a través das imaxes podemos facernos unha idea de como se vivía neses tempos tendo en conta que non se pode deixar de pensar que todo esto pasou fai poucos anos... Os debuxos e a boa narración dos feitos  que conseguen revelar algúns aspectos pouco coñecidos da vida desta rapaza xudía, fan que sexa un magnífico cómic moi recomendable para todas as idades.

Déixovos un vídeo no que se amosan as únicas imaxes vistas desde a súa casa en Ámsterdam.


Fernando Costa