Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións

10/07/16

02/03/16

Disfrutamos co Teatro Clásico

E tivemos unha dobre ración coa magnífica compañía Párodos no teatro Colón:
- A traxedia de Sófocles Electra coa que efectuamos o experimento da catarse



- A comedia de Plauto Asinaria que nos serviu para rir a eito


Quedamos todos co desexo de repetir o ano vindeiro na seguinte edición do Festival Grecolatino...



08/10/14

COMEZAMOS CON TEATRO

O achado do castro estreouse en 1983 nunha función escolar e dende entón a obra foi representada en numerosos centros. Publicada orixinariamente en 1991, Manuel Núñez Singala volver dar ao prelo esta peza, con lixeiros cambios de normativa na lingua e unha modificación para un dos personaxes: agora chasca os dedos e non dá unha palmada, xa que adoitaba provocar o aplauso do público. Esta anécdota evidencia tamén a boa acollida dun texto que xoga con humor coas convencións teatrais -os personaxes preséntase a si mesmos- e saca partido das imaxes asociadas ao mundo da romanización. A partir do recurso da aparición dunha obra de teatro nun castro, a historia desenvólvese con personaxes especialmente cómicos como Manolitus ou o Emperador, que agora divirten a unha nova xeración.
O achado do castro, de Manuel Núñez Singala Editorial Galaxia.
saber máis 

27/03/14

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Nun día coma hoxe, unha maneira de homenaxear o teatro pode ser o feito de recordar ou aprender vocabulario relacionado con el.

21/11/13

OS CONTOS DO SAMAÍN



O martes, 5 de novembro, estivemos moi entretid@s grazas ao labor dun gran home que veu relatarnos catro historiñas do tempo do Samaín cun tema en común: a morte. Esta preséntase de maneiras diferentes segundo pasa o tempo.

No transcurso da hora tocamos temas distintos desde o trasno até a santa compaña, que lograron poñernos os cabelos como escorpións. Poidemos aprender que era iso de "corpo aberto" grazas á vivencias do avó dun dos seus amigos.

En conclusión, cantamos, xogamos a disfrazalo, rimos e pasámolo ben. Foi unha moi boa experiencia. Creo que deberían vir máis persoas coma el para gozar e adquirir cultura xeral, xa que os nenos de hoxe en día non teñen moito coñecemento das lendas galegas tan homenaxeadas nesta comunidade.



Sara Sánchez Sánchez, 1º bach

18/05/13

CREADOR DO TEATRO PROFESIONAL GALEGO

Este ano o día das Letras Galegas foi adicado a un home moi recoñecido non só no ámbito literario. Adicousae a Roberto Vidal Bolaño, actor, escritor e director de numerosas novelas e obras teatrais.

16/06/12

Por que non nos animamos a representala?



O achado do castro é un libro moi bonito que recomendo que o leades. A obra de teatro como vai, é duns ladróns que queren roubar o medallón do rei.

Por outra parte o fillo do rei queria unha filla dunha raiña. Eles dous levábanse moi mal, odiábanse; pero o mozo (Manolitus) e a máis a moza (Carmiñae) querianse moito e vianse ás escondidas do rei e da raiña e tamén dos seus soldados....

A min gustoume moito e, por iso, animo ás persoas a ir ao club de lectura para ler libros e coñecer fabulosas historias. Gustaríame vela representada.

Alejandro Borja, 1B

27/03/12

"O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.
Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo, conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do que significa ser humano e que o devandito reflexo sexa guiado polo corazón, a sinceridade, o candor e a gracia. Que superedes a adversidade, a censura, a pobreza e o nihilismo, algo ao que, de certo, moitos de vós estaredes na obriga de afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o rigor necesarios para nos ensinar como latexa o corazón humano en toda a súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós – xa que será o mellor de vós, e aínda así, hase dar só nos momentos máis singulares e breves – o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de todas: “Como vivimos?” Boa Sorte!
John Malkovich

04/02/12

Seguro que vos gusta




Sei que a moito de vós, non vos gusta o teatro, polo menos a interpretación. Aínda que ao mellor a lectura dunha obriña non viría mal, non o credes? 
Dentro de pouco os do club de lectura acabaremos o libro ''A cazaría Salvaxe'', que por certo, é un libro incrible, onde o escritor saca todas as súas armas para facer que o ambiente sexa toda unha película de terror e paranoia. 
Bueno, pois teño unha idea, xa que Lois nos dixo que podíamos dalas. 
Xa sabedes que son unha fanática do teatro, e resulta que teño unha obra de Manuel Lourenzo, chamada Últimas Faíscas de Setembro. 
Trátase de Medea, na mitoloxía grega, era a filla de Etes e Ídia. Non pensedes que porque sexa cultura clásica e mitoloxía, sexa un rollo. En realidade o autor dalle un pouco de sal, cambiando algunhas cousas e facendo que sexa máis actual, e non chea de encantamentos, choros e sufrimento como na obra de Eurípides. 
Seguro que se a podemos ler nas reunións do club, vainos encantar e o vamos pasar moi ben.
Espero que vos guste a idea!

Yanka Almeida

16/01/11

NÓS VIMOS "LIMPEZA DE SANGUE"

Realista, pero cun toque de humor. Así poderíamos definir a representación a grandes rasgos. Unha obra que nos mostra o lado escuro da vida: as drogas, as malas compañías, o vandalismo, etc. Ao mesmo tempo que fai crítica da corrupción da policía, mostrando tamén así a súa peor cara.
A obra achéganos unha historia chea de enganos, tapadeiras, mentiras, sobornos... que nos fan pensar que nin os bós son tan bós nin os malos son tan malos.
Fálasenos dun rapaz, ex-drogodependente que está na procura dun ril. Un rapaz que pouco a pouco intenta volver a encamiñar a súa vida asentando a cabeza e facendo as cousas como é debido.
A historia transcurre maioritariamente na sala de diálese onde o protagonista intenta mellorarse mentres non chega o ril que precisa. Alí precisamente, coñece a un home co que fai bastante amizade. Con este mesmo home descobre que algúns dos que el consideraba "amigos" vendérano á policía xa que era colaborador.
Transcurre un período longo de tempo no que pasan milleiros de cousas: neglixencias médicas, ameazas, asasinatos animais, vexacións...
Despois de todas estas cousas, e cando as augas parecen pintar mansas para o noso protagonista, chega o momento da operación de transplante, na que está en xogo a súa vida.
Desta forma os actores representan de maneira moi real, este tipo de situacións (por sorte ou por desgracia) tan frecuentes nestes tempos. Sempre lembrándose de dar un punto simpático ao dramático da situación para reclamar a atención do espectador. O uso dun vocabulario común actualmente tamén é un factor a favor dos actores á hora de chegar ao público.
A escenificación é un punto a destacar polo seu logrado resultado en todas as escenas da representación.
Como punto de vista persoal, eu calificaría de moi boa a obra. Xa que é moi entretida.

Jennifer Figueiras, 1ºA Bach

18/03/10

Limpeza de sangue


No segundo ciclo imos ler unha obra diferente, Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal. No primeiro vídeo (a partir do minuto 12) do seguinte enlace podemos escoitar unhas declaracións do autor que nos poden axudar a entender mellor a obra.



Ánimo e feliz goce coa súa lectura

17/03/10

CONTACONTOS


O pasado martes 9 de marzo, viñeron a visitarnos Tim Bownler e Charo Pita. Contaromnos varios contos inventados por eles. Ela traduciao e imitaballe xa que él falaba en inglés. Eran contos máis ben para facer rir, eran coma lendas.