09/05/12

TRAILER


O libro que eu lin desta vez é ''Trailer'', un libro que creo que podedes atopar na biblioteca pero o exemplar que eu lin é de meu irmán e prestoumo. É unha obra de Francisco Alonso, un dos escritores máis coñecidos da nosa literatura e grazas a Trailer, a súa primeira obra, gañou o Premio Blanco Amor en 1991.
O libro sitúanos nun período de tempo comprendido entre o 27 de febreiro e o 1 de marzo de 1991, mentres transcorre a guerra do Golfo. Narra de xeito paralelo a vida nun camión de tres choferes galegos: Lino (que vén de Sevilla), Pepe (que vén de Alacante) e Xenaro (que vén desde Frankfurt).
O 1 de marzo terá lugar preto da Gudiña unha importante festa ao que están convidados moitos colegas do camión, organizada por Falconetti, outro chofer que celebra o seu vinte e cinco aniversario na estrada. Os tres protagonistas intentarán, malia as inclemencias do tempo e as complicacions propias do traballo, chegar a tempo ao convite.
Ademais de aspectos profesionais e mecánicos, a obra fala con profundidade doutros asuntos moito máis profundos e persoais, como as relacións de parella e familiares, os problemas económicos, a fe relixiosa... e son tamén revisados moitos mitos da profesión, como os hostais e puticlubs ou a relación coa
Garda Civil e fálase tamén de traballos anteriores, tanto na propia estrada, con viaxes a Italia, como noutros traballos, como andar embarcado.
Para min foi un libro moi o, Alonso non anda a velas vir e conta todo moi directamente, sen amariconamentos (perdoade a expresión) é iso e o que me gusta do libro, aparte de que reflicte moi ben a vida dos camioneiros no papel, sen dubida un libro que lle recomendaría a calquera.
: 4ºB, Francisco, LER