02/05/12

NON O DUBIDES!

Queredes ler un libro, pero non tedes tempo?
Interésache o tema da informática?
Es un amante da informática?


Coñece a Xoeliki, un neno que se pasa todo o día no ordenador chateando, coma calquera neno normal.

Un día ve que o seu PC está infectado cun virus, e ao pouco entérase de que todo o mundo pode estar en perigo.

Todo son novidades para el; chega un amigo do seu pai que está na Resistencia Pirata, un móbil misterioso que lle axudará na súa travesía, ou os segredos de Ari, coa que tentará destruir o virus a tempo.

Se che interesa, le o libro, non te arrepentirás e descubrirás, aprenderás e sentirás o mundo da informática e o ciberespazo na túa man.
Enrólate á Resistencia Pirata!
Tedes que visitar a súa páxina (www.xoeliki.com), é mi "guay", hai contidos extras do libro, tráilers, entrevistas e podedes ver a súa videochamada con Estrela, a súa ciberamiga.
Tamén tedes un pequeno adelanto sobre Xoeliki 2, non perdades esta dirección, pra axudar a Xoeliki a salvar
o ciberespazo!
Déixovos este enlace pra que coñezades ao autor do libro Abraham Carreiro.
Nacho 2º A