27/11/10

Rebeca


REBECA
Unha rapaza,dama de compañía dunha señora,déixao todo para casarse con Maxim de Winter,un millonario moi interesante.Apenas coñecendo ó seu marido chega á súa nova casa,unha enorme mansión chamada Manderley.Alí descubre cuartos maravillosos,xardíns e,sobre todo,á sinistra ama de chaves,a señora Danvers.descobre que ela é a 2ª señora de Winter,Maxim é un home viudo de Rebeca.Rebeca,a primeira muller de Maxim,parecía telo todo;beleza,elegancia,sangue noble,simpatía e moita,moita intelixencia...supostamente morrera afogada nunha noite que saíra navegar con seu barco e pillaraa o temporal.A rapaza,afogada polo recordo de Rebeca,cre que Maxim segue enamorado dela,e a señora Danvers sentía verdadeira adoración por Rebeca.Farta de todo isto,comeza a investigar e fai pescudas,ata atopar,da peor maneira posible,o escuro secreto do apelido de Winter e de Manderley...
Alba Pardo, 1º A

15/11/10

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

Un adolescente, enviado pola súa nai, á vila de Auvers, pasará unha temporada xunto á súa tía Jojo, a que pensa que é unha vella tola.Na estación de tren coñecerá a alguén que será moi importante na súa vida, Vicent; un pintor que vive a vida con fortes pinceladas.Ao paso do tempo, coñecerá a moita xente coa que vivirá momentos moi especiales, como as súas excursións xunto a Adeline a rapaza da que estará namorado.Algúns días despois, a morte dun ser querido, fará que o mozo queira marchar a París e non volver xamáis.
Este libro é daqueles que expresa moito os sentimentos dos personaxes, que transmite a dor e a felicidade. O meu favorito é Vicent; porque eu adoro pintar, e cando o fago olvídaseme todo o demáis e só penso no que quero expresar co meu cadro.No libro hai unha frase que pareceume moi interesante e que di así:                                                                                                          Non esquezamos que as pequenas emocións son as grandes capitáns das nosas vidas.       

                                           Vicent.Yanka Almeida, 2ºB

13/11/10

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

 No clube de lectura lemos esta novela e estivemos traballando un pouco sobre a vida dun pintor, puidemos ver as súas pinturas que ó longo do libro o autor ía describíndoas con moita precisión.


Durante a súa lectura amósanos a vida de Vicent Van Gogh en Auver, unha pequena vila próxima a París. Relatada a través do ollo dun mozo parisino de dezaseis anos que chega á pequena vila para reconducir o seu camiño. Entre eles dous xurdirá unha relación de amizade. Na que os seus acontecementos veranse pintados sobre o lenzo.


Vouvos falar un pouco sobre a vida deste artista.


Autorretrato
Naceu o 30 de marzo de 1853 en Groot-Zundert e morreu o 29 de xullo de 1890 en Auvers-sur-Oise. Foi unha figura destacada no Posimpresionismo. Pouco antes de dedicarse a pintura foi mestre de francés, traballou nunha galería de arte, estudou teoloxía e foi un evanxelizador. O seu traballo produciuse en tan só 10 anos (unhas 900 pinturas e 1100 debuxos) ata que sucumbiu a súa doenza mental. 


A súa fama como pintor comezou a medrar despois da súa morte. Varias das pinturas deste pintor están entre as máis caras do mundo. A influencia de Van Gogh no expresionismofauvismo e os comezos do abstraccionismo foi enorme, e podese notar en moitos outros aspectos da arte do século XX. Actualmente existe un museo en Ámsterdam co seu nome onde se encontra todo o seu traballo.


Ligazón interesantes:
Fernando Costa , 2ºA

05/11/10

RECOMEZAMOS

ENTRAMOS NUN NOVO CURSO NOVOS LIBROS NOVOS PRACERES BENVIDOS AO CURSO 2010/11 LER LER LER LER VÉMONOS NA BIBLIOTECA! QUE ESTÁS LENDO? NOVIDADES CÓNTAME UN CONTO QUE CHE PARECEU A NOVELA? encontros POESÍA POESÍA POESÍA   IMOS AO TEATRO ! concursos  GÚSTANME AS NOVELAS DE DETECTIVES  APRENDO APRENDO APRENDO participa!! a biblioteca somos todos ELEMENTAL, QUERIDO LIBRO ENCICLOPEDIAS club de lectura encontros con poetas BUSCA BUSCA BUSCA E ATOPARÁS QUE MEDO CO SAMAÍN !!!! MICRORRELATOS...



Cun pouco de retraso, volvemos aos nosos libros, ás nosas lecturas, aos nosos comentarios. O goce da lectura sempre connosco

28/06/10

PARABÉNS

Marcos Calveiro gaña o Raíña Lupa cun 'western' mexicano
Redacción .  Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968) gañou o Premio Raíña Lupa de literatura xuvenil que convoca a Deputación da Coruña co libro 'Centauros do norte'. O autor recibe os 6.500 euros do certame por unha novela de aventuras protagonizada por Pancho Villa nos tempos da Revolución mexicana.


20/06/10

Morreu Saramago



O autor de O memorial do Convento que tantas veces estivo na nosa terra acaba de deixarnos

19/06/10

Xardín do pasatempo






Este libro relátanos os diferentes poemas do Xardín do pasatempo da vila de Betanzos. O libro está composto por sete partes, Vellas datas do futuro que contén reflexións sobre os días da semana, as estacións, os meses e determinados anos históricos. Tamén contén un diccionario de símbolos, con poemas sobre o jazz, Kafka, Billarda... É a parte que dá título ao libro, que supón un reencontro cos versos e o soñar inxenuo que garda dentro de sí.

Desde que empezas a lelo non es capaz de soltalo, porque nos introducimos no mundo máxico e fermoso da poesía. A mín un dos poemas que máis me chamou a atención foi o da Grea de gatos porque ía describindo a todos os gatos con unhas rimas inpresionantes. Recomendo este libro a todos aqueles que lles guste o apasionante mundo da poesía. Contén poesía infantil e poesía de adultos. Quero mandarlle as miñas felicitacións a Ramiro Fonte por facer este libro tan entretido.

Para máis información sobre o autor preme aquí.

Para información sobre o libro preme aquí.
Deixovos o blogue do ilustrador.
1ºA, Fernando, Libros

15/06/10

Remate de actividades


Algúns participantes do 2º nivel
E tamén do 1º nivel

Este Club remata as súas actividades por este curso. Foi un ano de lectura, de pracer estético e valoracións conxuntas dos libros realizadas en dous niveis. Tamén coñecemos algúns dos autores que nos permitiron abrir os ollos a outras realidades. Pero non nos despedimos da lectura. A partir deste momento seguiremos lendo cada un polo seu lado e o próximo curso regresaremos con novas inquietudes e a ilusión renovada.


Feliz fin de curso a todo o alumnado e profesorado que participou nesta aventura e felices vacacións

04/06/10

Visita de Dores Tembrás.




O pasado día veunos visitar unha ex-alumna de noso instituto, Dores Tembrás, que hoxe en día é unha gran poeta.


Para nós foi unha das visitas máis conmovedoras que tivemos ata agora.
Foi moi bonito o encontro entre Dores e Pepa: porque segundo nos contou Dores, Pepa foi unha das súas profesoras que máis recorda con especial cariño, xa que lle encantaba como explicaba, como era...foi unha das súas inspiracións para ser o que hoxe é.

27/05/10

ESCOITAR POESÍA



Hoxe como actividade adicada aos do club de lectura recibimos a Dores Tembrás, doutora de Filoloxía Hispánica que nos falou sobre o libro de poemas "O pouso do fume". Pareceume moi interesante, porque a poesía é un dos xéneros que máis me gustan. A autora lembrounos un pouco a súa infancia cos poemas. Ela seguiunos animando a seguir lendo, porque lendo e escribindo aprendese moito; a ela encántalle que dispoñamos dun clube de lectura no instituto. Porque ela antes non dispoñía diso, se quería ler lía un libro pola súa conta. Ao final da actividade Isabel a de 2º, foille dar un agasallo, que era un libro que contiña imaxes. Xustamente ela traballaba moito coa imaxe. Logo asinounos os libros, e un autógrafo. Encantoume moito a súa forma de ler os poemas, como entoaba, etc.





Se queredes ver outro vídeo sobre ela premede aquí.

Adico esta entrada a Dores Tembrás. Grazas por vir ao instituto e darnos esta fermosa charla sobre o teu libro.

Fernando Costa

16/05/10

PREGÓN

Libros contra a soedade do home.

Libros contra a desinformación.
Libros contra a malformación.
Libros contra libros.
Libros pra soñar e adiantar o posible.
Libros pra saber que as nosas dores
non son solo nosas
e pra mover a solidaridade
que a nós tamén alcance.
Libros pra avantar.
Libros pra volver á orixe,
Libros pra ler unha vez.
Libros pra ler máis veces.
Libros pra ver outro camiño, que poido ou que pode ser o noso.
Libros pra erguerse.
Libros pra sentir indignación.
Libros pra sentirse culpable.
Libros pra sentir o novo que está surxindo noutro sitio
e que nos pode chegar,
que nos chegará.
Libros pra suscitar.
Libros pra alentar.
Libros pra non cair baixo a trivialidade do exterior cotidiano.

Libros pra ser libres (importante). 

Uxío Novoneyra

07/05/10

DE VISITA NO INSTITUTO DE MONELOS


Fomos escoitar o escritor Fran Alonso que nos falou do seu libro Cartas de Amor e da súa experiencia ao pé do volcán Zé. Contounos moitas anecdotas da súa vida e de como se baseaba para escribir os libros. Pareceunos interesante a súa charla e gustounos moito pasar ese rato con el.

Carolina Paz, Paula Blanco 3ºA

06/05/10

Encontro con Fran Alonso


A comezos do segundo trimestre no Club de lectura (segunda etapa) lemos Cartas de amor de Fran Alonso. Este libro aportounos unha nova visión da vida a través das vivencias dramáticas e reais que nos fai chegar un grupo de mulleres de distintos países. O IES Otero Pedraio logrou traer o autor a esta cidade e convidounos a compartir un encontro con el.


(fotos do autor e alumnado de Elviña agardando para asinar libros)

24/04/10

Dia do libro

ILUSTRANDO A LECTURA on PhotoPeach

23/04/10

Marcos Calveiro

 O día 13 de abril veu ao noso instituto Marcos Sánchez Calveiro o escritor do libro O carteiro de Baghdad.
Contounos moitas cousas sobre el, por exemplo o traballo de escribir un libro e que todavía costaba máis publicalo. Contounos que non se cobraba moito pero a el non lle importaba xa que a el gustalle escribir. Cando nós dixo que lera entre 2000 e 3000 libros quedeime coa boca aberta (eu nunca podría ler tanto). El criouse en Vilagarcía de Arousa pero agora vive en Vigo.


O libro "O carteiro de Baghdad" está basado en feitos reais. Marcos Collía a información das noticias do periódico (cando veu ao noso instituto ensinounos a todos un libro cheo de recortes de noticias sobre Baghdad) e dixonos que un señor de ali gañara unha medalla nos xogos olimpicos en levantamento de pesas.

Álvaro 1º A

14/04/10

UNHA PERSOA DO MÁIS NORMAL



Onte,día 13 de abril, veu o instituto Marcos Calveiro,o autor do libro "O carteiro de Bagdad".

E unha persoa do máis normal e se a vexo pola rúa non se me ocurriria pensar que pode ser escritor. Contounos que para facer o libro baseouse na Guerra de Iraq, e buscou máis información sobre a historia do país, costumes deste, a súa situación xeográfica etc. en periódicos.

Foi tan amable que nos trouxo un caderno cos recortes pegados nos que buscou a información.

Da súa visita o que máis me chamou a atención e que non so se dedica a escribir libros se non que tamén é avogado, e que escribe polas noites xa que polo día non ten moito tempo.

Gustalle escribir desde moi pequeniño e tiñao por afección.

Eu lin o seu libro e foi uns dos libros que máis me gustou. Ten emocións moi fortes, xa que Ibrahim o pai de Abdulwahid pon en risco a súa vida todos os días por ir traballar. Un mal día Ibrahim ten un accidente de moto e o último desexo que lle pide ao seu fillo e que vaia entregar unha carta.

Aconsellovos a todos os que nos lestes este libro que o fagades.


Jessica

13/04/10

Los escarabajos vuelan al atardecer

Gustoume. Ten unha mestura de amor, intriga, aventura, misterio... Mostra os cambios que pode dar a vida. As cousas sempre son un misterio. recoméndollo a calquera que lle guste a intriga e investigar. É un libro que che fai pensar

Isabel Díaz Domínguez

COMO NOS GUSTOU!

Los escarabajos vuelan al atardecer

Este libro pareceume moi interesante porque se narran moitos misterios. Eu poríalle un 7 á autora. Cando o empecei a ler o primeiro día enganchoume para seguir léndoo. Este libro recomendaríallo á miña irmá porque lle encantan os libros de narrativa misteriosa

Fernando Costa Veiga, 1º A

Los escarabajos vuelan al atardecer

É un libro que remata traxicamente; a pesar diso, gustoume porque é unha novela de misterio e atrápate con todas as palabras e pensas no que lles pasa aos personaxes e até que rematas o libro quedas intrigada polo que vai pasar e tamén como vai rematar

Mónica Quintiana Millán, 1ºA

05/04/10

Tierra de dragones


Tierra de dragones é unha novela que conta unha historia que transcorre durante a primeira guerra mundial, cando tres descoñecidos se reúnen en Londres tras a morte dun home que todos eles coñecían. Encontran un atlas chamado Imaginarium Geographica no que saen debuxadas terras de mitos, lendas, fábulas e contos de fadas. Os protagonistas viaxan a bordo do Dragón Indigo, un barco con forma de dragón, al Arquipélago dos soños onde loitaran contra as forzas do mal que ameazan os dous mundos; o mundo real e o de fantasía.

Jessica Marcote 2ºA

18/03/10

Limpeza de sangue


No segundo ciclo imos ler unha obra diferente, Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal. No primeiro vídeo (a partir do minuto 12) do seguinte enlace podemos escoitar unhas declaracións do autor que nos poden axudar a entender mellor a obra.



Ánimo e feliz goce coa súa lectura

17/03/10

Comentando as lecturas



Sabemos gozar coa lectura, nesta ocasión en grupo reducido

CONTACONTOS


O pasado martes 9 de marzo, viñeron a visitarnos Tim Bownler e Charo Pita. Contaromnos varios contos inventados por eles. Ela traduciao e imitaballe xa que él falaba en inglés. Eran contos máis ben para facer rir, eran coma lendas.

16/03/10

Miguel Delibes

Miguel Delibes
Acaba de morrer aos 89 anos Miguel Delibes. O home non está. Pero si a súa importantísima obra. " Cinco horas con Mario", "Las ratas", "Los santos inocentes"... seguirán formando parte da nosa biblioteca e das nosas lecturas
Delibes

View more presentations from Douce .

24/02/10

Rosalía de Castro

Hoxe, 24 de marzo, cúmprense 173 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Un bo momento para recordar a nosa escritora máis universal


21/02/10

``O que é a vida´´

Este libro trata sobre dúas historias, á historia de Teo Runner, o repartidor máis rápido do Interpizza, que aproveita as súas saídas na moto para emular os heroes cinematográficos e restaurar a orde e a xustiza na cidade de A Coruña, na vida de Teo queda lugar para a amizade e para o amor. A outra historia trata dos policías Santos e Palmeiras que tamén se encargan da xustiza na cidade, e tamén viven a amizade e o amor.

Libro leído por : Germán Costoya Ares, Samuel Mansilla Cambeiro, Carla María Muelas López y Guillermo Santos Sánchez.

14/02/10

'Maratón de Inverno'


Despois de semana de carnaval, comezará o concurso 'Maratón de Inverno', organizado pola biblioteca do centro. Aínda estades a tempo de inscribirvos. As bases para participar están na páxina web do centro, na biblioteca, no apartado 'Actividades'

07/02/10

A noite que Wendy aprendeu a voar


Este é o libro que temos que ler os alumnos de 2ºA da E.S.O, así que vou a contar só un pouco del para aqueles que aínda non o leron se interesen pola historia; que trata de Wendy, unha rapaza que é policía. Un día ela e máis os seus compañeiros investigan un caso de asasinato. Wendy vive una serie de aventuras ata que ela mesma resolve o asasinato.

Jessica Marcote Lobelos, 2ºA E.S.O.

03/02/10

O carteiro de Bagdad

Este libro estivémolo lendo no clube de lectura (Elvilendo), a min
gutoume moito, o que pasa e que é algo triste.

Vouvos contar de que vai, a ver si vos gusta:

Esta novela ven a contarnos a cruda realidade dun país (Iraq) sometido a unha guerra cruel e inhumana como todas as que se producen no noso mundo.

Nela cóntanos a historia dun rapaz, chamado Abdulwahid de 11 anos e a súa familia, que viven nun barrio humilde da capital de Bagdad. O pai do cativo é o carteiro da cidade e comproba todos os días os destrozos que provocan as bombas, non ostante, nunhas zonas teñen electricidade e en outras nin eso.

Logo teñen que sufrir as ameazas da poboación chiíe, que son a maioría no barrio, eles son sunnitas e gustaríalles poder mudarse a outro barrio sunnita ou a outro país pero non teñen cartos.

Un día o pai, despois de sufrir un accidente coa moto faille xurar a súa muller, que lle entregue unha carta que tiña pendente hai corenta días, e será o seu fillo coa axuda dun amigo (chiíe) quen cumprirá esa misión, de encontrar o destinatario desa carta, que finalmente será un ancián cha- mado Faysal. Se queres saber como acaba... lee o libro!

Feito por Fernando Costa Veiga 1ºA

01/02/10

Viaxes dun can de palleiro

Estimado Pere Tobaruela:
este un das cousas que me gusta do libro é que en vez de contalo un narrador calquera , o que o conta é o amigo de Ulises, o seu can de palleiro.
O que non me gustou , foi que ao can o abandonou a nai. O que me chamou a atención foi que Ulises foi galegonon grego como noutros libros , era dunha antiga vila de pescadores do Caramiñal , a parte que mais me gusta é a de que os doce barcos naveganvan , e a maldicion do ciclope que xantaba aos mariñeiros.
Eu para que a xente o lea diria que o narradore un can , e que nesta historia hai todo o que podes imaxinar , por iso vou recomendalo a familia e amigos.
 1ºB, Iván, Libros

23/01/10

O FUTURO DA BANDA



Querida Marilar Aleixandre:
Lín o teu libro "A banda sen futuro" e gustoume moito, conmoveume moito a historia de Carlota.
Intenteime meter no seu papel e sei que se eu teño a súa situacíón, non sería capaz de soportala.
Creo que ó principio Lidia foi moi mala con Carlota porque non se soubo poñer na súa situación: se ela tivera dezaséis anos, cancro e comezara a estudar nun novo instituto querería que a xente a comprendera e ela non o fixo.
Carlota, Miguel e Paulina foron os personaxes que máis me gustaron, ese triángulo amoroso... tívome intrigada moito tempo.
Estimada Marilar recomendarei este libro a todos os meus amigos e eu intentarei ler máis libros teus.
PD: Moi recomendado para aqueles que lles guste a música rock.
  1ºBJessicaLibros

15/01/10

Donde esté mi corazón

Gustoume moito porque é unha novela moi interesante, que trata sobre cousas que pasan na vida pero aínda que sexan moi difíciles de superar, ao final con apenas un sorriso e co apoio dos teus podes saír adiante.
E recomendaríao porque de verdade que é moi realista, e porque loitando todo se consegue.
Antonella Olazábal Abreu 3º C

14/01/10

Cartas de amor. Unha interpretación

Este libro parece moi interesante, aínda que hai que destacar que o título é algo enganoso.O libro trata de moitos temas en xeral.
En case todos os casos son as mulleres quen escriben esas cartas. Nelas contan as diversas situacións polas que pasan; todos teñen en común a valentia.
A carta que máis me chamou a atención foi a de confesión, que ía sobre a homosexualidade.
Outra que tamén está moi ben é a de ilegal, que conta a historia dunha moza que ven a España nunhas condicións de vida pésimas.
En xeral o libro está moi ben e o volvería a ler se tivese ocasión ;D!
Recoméndoo a xente que lle guste ler,porque disfrutará con el.
Nota: 8
Eva Novo Rivas 3.A