Escrito por Sérgio Klein, "Poderosa" é un libro moi interesante, aínda que ó principio non engancha demasiado, xa que conta a vida normal dunha rapaza de 13 anos e non parece que vaia pasar nada. Non sorprende, apenas hai nada especial no primeiro capítulo, pero axiña cambiará todo.
De aí de diante gustoume moito, xa que trataba dunha rapaza da miña idade á que lle pasaban cousas que eu quixera que me pasaran. Líao polas tardes e ás veces antes de ir a durmir, para enterarme ben da historia.
A historia trata de Joana Dalva, unha adolescente á que non lle gusta a súa vida. Ten o irmán máis pesado do mundo, os pais están a piques de separarse e a avoa pasa o día rañando na parede. Por riba, aínda non lle vino a regra e isto supón unha gran frustración para ela. Un día, mandaranlle facer unha redacción sobre Xoana de Arco. Joana decide inventar a súa propia historia sobre a Santa, e pasarán cousas que xamais imaxinara... todo isto compaxinado coa furia hormonal de esta idade e os amoríos de Joana fará todo máis difícilpero á súa vez máis interesante para o lector.Recomendo encarecidamente o libro se che gusta deixar voar a túa imaxinación, e se che gusta a fantasía. É moi bonito e interesante, ademáis de conter sucesos que a moitos nos gustarían que pasaran na nosa vida diaria, e pensar o que faríamos se nos pasara.O aproveitaríamos ou manteríamolo en segredo? O que pasou o averiguaredes se ledes o libro.
Alba Pardo 2º A