20/06/12

SORPRÉNDETE

Este é un libro que me sorprendeu gratamente.
Dende o primeiro día díxeronos que o leramos sen prexuízos, sen pensar en que non era un libro como os demais e que intentaramos sacar algo del.
Ao telo nas nosas mans  mirámolo por enriba (como facemos con todos), e  no que nos fixamos foi que eran microrrelatos, que algúns non pasaban das tres liñas, e aínda que nos extrañou botamos para diante.


A medida que avanzas chega a desmontarte historias que coñecemos dende moi pequenos, ten toques de ironía, fala de cousas que pasan hoxe en día, pero camuflándoas con metáforas, dicíndoo todo con retranca. A primeira vez que les un destes microrrelatos sacas unha conclusión, en cambio, cando o volves ler sacas outra moi distinta e te das conta de que o que pensaras de primeiras ao mellor non ten nada que ver co que quere dicir en realidade. 
Recoméndovos que leades este libro, pero sen prexuízos, sen pensar en que non ten unha historia fixa. A min sorprendeume moito e espero que a vós tamen vos guste tanto como a min, ou polo menos que vos faga pensar.
Ainhoa López Lama