Unha das cousas que se pode resaltar da cantante do grupo é que sempre introducía un pequeno monólogo antes das súas cancións na que facía unha crítica da sociedade actual sen complexos nin reparos, feito co que deleitou a todo o seu público e arrincounos uns aplausos verdadeiros e ben merecidos.
A cara de seu compañeiro, Tito Calviño, xa nos soaba a algúns de velo anteriormente como guitarrista dos programas Land Rover e Tourilandia da TVG. Onde, neste último, volverá aparecer en outubro deste ano.
En xeral, quedamos moi contentos con esta actividade e esperamos repetir pronto. Graciñas ao Club de Lectura ELVILENDO por facernos pasar momentos tan estupendos no instituto.