
Quero desde aquí dar as grazas a Fernando e desexar esa volta
Isabel, 1º bacharelato
Hai varios días veunos visitar ao instituto Fernando Díaz Castroverde, escritor de microrrelatos. A charla foi adicada ao alumnado de 1º de bacharelato. Días antes da visita estivemos facendo exercicios relacionados co seu libro titulado Microbios e outros paquidermos.
As primeiras veces da lectura dos breves, pero condensados relatos, sorprendémonos positivamente porque nunca antes traballaramos con textos deste tipo. Lois, o noso mestre, chegou un día cunha pila deses libros e no momento en que nos leu só o título, as nosas caras cambiaron. Que podería conter un libro titulado dese xeito? Microbios...? Paquidermos...? Quizais falase de contradicións. Ou sería simplemente algo relacionado cun mundo fantástico sen moito sentido?
Baixo este título organizamos un ciclo de encontros con autores que teñen en común o feito de teren estudado no noso Centro anos atrás. Cada un deles vai aportar ao alumnado a súa experiencia desde diferentes perpectivas. Dores Tembrás a través da poesía, Fernando Díaz-Castroverde desde o microrrelato e Daniel García ilustraranos sobre o mundo do guión cinematográfico.
Este é un libro que me sorprendeu gratamente.
Dende o primeiro día díxeronos que o leramos sen prexuízos, sen pensar en que non era un libro como os demais e que intentaramos sacar algo del.
Ao telo nas nosas mans mirámolo por enriba (como facemos con todos), e no que nos fixamos foi que eran microrrelatos, que algúns non pasaban das tres liñas, e aínda que nos extrañou botamos para diante.