Os libros narran a historia do enfrontamento máis espectácular xamais contado entre bruxas Odish e Omar, procedentes do mesmo sangue. As Odish eran inmortais, pero a un prezo: matar e degolar nenas Omar, tanto adolescentes coma recén nacidas, por esta razón naceu a profecia de que chegaría unha elixida que acabaría coas Odish e finalizarian así as mortes de milleiros de rapazas inocentes; e a elixida chegou, unha rapaza chámada Anaíd teríase que encargar de cumplir a profecía e vencer ás Odish, pero non era tan fácil, unha maldición caía sobre ela e dicía que traizoaría ás Omar enganada pola tentación do inmenso poder que posuía; pero, finalmente aprendeu que o maior ben que se poder ter neste mundo é o amor dos teus seres queridos, grazas ao cal Anaíd venceu a tentación e acabou coas malvadas bruxas Odish.
Vive as fascinantes aventuras de Anaíd, a maxia e as sorpresas non cesan nestes libros nos que ademais se aprende o valor do amor e a súa importancia para superar os obstáculos que a vida presenta.
Jessica Marcote 4º A