26/04/12

Contos para rir


Todo comezou un luns coma outro calquera, mais no momento no que me puxen os calzóns souben que ía ser un día especial. Vale... minto: para min era outra onda neste mar de monotonía. Sen embargo, á quinta hora comprendín que me equivocara, pois cando chegas a unha presentación e o primeiro que che contan do individuo é que non está wikipedificado, entendes que non se trata dalguén normal. 


Este home, que resultaba ser coñecido pola súa procedencia de Ourense Vigo e por contar os seus relatos subido nunha pequena escaleira, narrara as súas historietas por gran parte do globo. O primeiro comezou cunha señora cunha pata de pau (inspirado nun libro de Cunqueiro), que resulta que seguía solteira, por iso de que levar madeira no corpo non estaba (e esperemos que nunca estea) de moda. Todo isto agregando historias intercaladas coma se fosen os ingredientes necesarios para que a poción saíse perfecta. Coma o da moda, por exemplo: moda... foi dicir esa palabra e comezar a divagar sobre as tendencias da actualidade (coma piercings), para despois falar de cómo a dor dun pinchazo pode convertirse en pracer (o cal fixo que me preocupase pola súa saúde). 
Así que, non sei como, volveu ao tema da vella, que se encontrara cun vendedor ambulante de enciclopedias (ou era de biblias?) que dixera estar interesado por ela. Entón o home se desviou outra vez da trama inicial, e a verdade é que houbo tantas historias entrelazadas que me costa poñerlles orde neste momento. A maioría das cousas que nos contaba eran os típicos chistes que che fan rir, pero sen ser unha cousa esaxerada. Pero houbo unha excepción, pois despois de contarnos a cruda realidade de que aquel vendedor só estaba interesado na pata de pau da muller, xa que era un coleccionista, comezou a contar o que en principio parecía unha anécdota súa, dos seus tempos mozos. 

Explicounos a hábil técnica atrapa-mulleres de pedirlle á moza un cálido Cola Cao para que invitara ao home á súa casa. Sen embargo, unha noite na que estaba poñendo esta táctica en práctica, a moza ofreceulle un NESQUIK en lugar do seu amado Cola Cao. Así que este home, indignado, co sentimento de ser insultado, pero co orgullo no seu sitio, agarrou o vaso bebendo ata a derradeira gota, e marchou a casa para consolarse cun ''solitario''.


Guillermo 1ºA BAC