A británica Doris Lessing foi unha das escritoras máis influíntes do século XX, capaz de capturar cunha obra profunda e analítica a "épica da experiencia feminina"
Autora de máis de 50 novelas, durante a súa carreira Lessing foi galardoada con numerosos premios, entre eles o Nobel de Literatura en 2007, o Príncipe de Asturias (2001) ou o Premio Internacional de Catalunya (1999).
Algúns títulos destacados no medio da abundante obra son Contos africanos, O quinto fillo, A boa terrorista ou o famoso O caderno dourado, de marcado cariz autobiográfico, que se converteu nun clásico da literatura feminista polo seu estilo experimental e a súa análise da psique feminina.