13/11/13
O misterioso palazzo
Os libros son un pasatempo que utilizan todas as persoas, desde nenos ata anciáns, fan que te metas nun mundo diferente do teu, e cando te queres dar conta o tempo xa a pasado voando, ademais se che gustaría probar algo novo, saber como vivían os nosos devanceiros, imaxinar outras cidades....eu lin un libro que ten todo isto.
Os espellos veneciás é unha historia escrita por Xoán Manuel Guisbert trata dun rapaz chamado Giovanni Conti que fai unha larga viaxe desde Nápoles ata Padua (unha cidade de Venecia) para realizar un curso de letras cun prestixioso profesor desa universidade. Cando chega a residencia onde queren hospedarse todos os estudantes (polo seu baixo prezo) se encontra con que a hospederia xa está chea, mais tarde unha anciá chamada Alessandra lle ofrece unha habitación na súa casa por un bó prezo.
A habitación non lle agradaba moito pero non tiña mais cartos polo que se foi adaptando ao que tiña. O seu primeiro día na universidade non foi mellor co da súa chegada, por desgraza para el, o mestre lle botou unha boa regañina xa que chegaba con cinco días de retraso as súas clases.
Pasaron os meses e Guiovanni fíxose moi amigo de dous compañeiros chamados Lena e Paolo cos que compartía gustos e aficións e tamén os únicos aos que lle contaba todo.Tanto que tiña dúbidas sobre Alessandra porque era unha muller moi misteriosa que apenas vía a costas de que vivía con ela, que había visto a uns homes pasear polo antigo palazzo...E ainda que os seús amigos negáronse, el insistente fixo unha investigación sobre todo o pobo.
Un día de súpeto encontrou unha carta o anterior hóspede daquela habitación onde puña que aquel palazzo que estaba ao lado tiña cousas estrañas e que por iso habíase ido, así que todo intrigado saltou pola fiestra e colouse na casa onde viu nunha enorme sala uns xigantescos espellos que ao día seguinte empezou a investigar e ! sorpresa! descubriu que todo tanto os rapaces que vira como a sospeita de Alessandra habían sido unha proba posta polo seu mestre Amadío para ver ata onde podía chegar a súa intriga, e investigación. Pronto rematou o verán e tivo que volver a Nápoles coa esperanza de volver poder ver aos seus amigos e palazzo co que había estado tan antoxado.
Autor: Xoán Manuel Guisbert