12/11/13
ORPHEUS... NA BRÉTEMA
A historia, comeza en xuño do 1943 , o reloxeiro Maximilan Carver anuncia a sua familia que se mudarán,para alexarse da cidade e dos aires da guerra.
A Max,o noso protagonista non lle chista muito a idea.O día seguinte os cinco compoñentes da familia Carver inician o camiño cara a súa nova casa.
Max pronto fai un amigo na vila chamado Roland , que sera o seu compañeiro de aventuras e desventuras durante a súa estancia na vila.Roland guía a Max pola vila e cóntalle a historia do Orpheus, un barco afundido fai moitos anos, e que sería unha parte fundamental nas súas aventuras...
Un día, Max descobre un xardín de estatuas fraga que hai preto da súa casa.As estatuas representaban imaxes circenses que estaban colocalas en forma circular e no centro había unha gran estrela de seis puntas...
Cales serán as seguintes aventuras de Max e Roland!?
Só lendo este libro de misterio e aventuras poderás descubrir estes misteriosos sucesos...
Aquí vos deixo unha entradas de outros IES que tamén leron o libro que Carlos Ruíz Zafón escribiu:
Blogoteca: