13/03/14

OS FILLOS DO MAR



Na 2ª avaliación os alumnos do club de lectura lemos o libro "Os fillos do mar" de Pedro Feijoo, unha novela na que a historia principal esta baseada no tesouro afundido dos galeóns de Rande.

Gustounos moito este libro porque é moi entretido e ainda que é un pouco longo, é moi sinxelo de ler.
Parécennos moi interesante como o autor describe ata o último detalle da cidade de Vigo, do burato do inferno...
Recomendamos a lectura desta novela.
Esta novela creounos curiosidade e puxémonos a investigar sobre se a historia contada no libro sobre o afundimento dos galeóns que viñan de América era verdade...
Se queres saber máis... preme aquí

Lugares onde transcurre a historia da novela:



Ponte de Rande (Vigo)


Burato do Inferno ( Illas Ons )

















 E ti pensas que esta

 historia é real?



Sara González Iglesias
Sara Sánchez Sánchez