Se che gustan os libros de misterio, intriga e un chisquiño de amor
Asústate Merche é unha novela que trata sobre Auria, unha nena de 15 anos que, a partir dunha esquela dun xornal, descobre unha terrible verdade que a empuxa cara o suicidio...
Cynthia Rodriguez 2º AEsta historia mestura un presente no que Auria quere suicidarse e un pasado no que conta como chegou ata esa situación. Ese pasado está relatado no diario de Auria ao que ela chama Merche.
Transcorre nalgúns lugares da vila onde vive Auria e tamén vas visitar cidades como Barcelona,París,Viena,Bélxica, Bruxelas e Bruxas, Berlín,Praga, Salzburgo e Polonia (onde "ven" ao Papa), xa que a acompañarás na súa viaxe por Europa.
Esta historia ten diversos personaxes que participan de distinta maneira na historia e fan que ocorran uns feitos claves na vida de Auria.
Se che gustan os libros de misterio, intriga e un chisquiño de amor recomendote este libro que te manterá en vilo ata o final.
A autora deste libro é Fina Casalderrey naceu en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951.
Entre as súas obras encóntranse: Cuca e o abrigo marrón (1998, narrativa xuvenil). Nolo e os ladróns de leña (1998, S. M., narrativa infantil). ¡Puag, que noxo! (1998, Galaxia, narrativa infantil). ¿Sobrevives? (1998, Xerais, novela xuvenil).
Gañou diversos premios, entre eles:
Premio Merlín no 1991, por Dúas bágoas por Máquina.
Premio de narración breve Casa de Galicia de León no 1993, por A rosquilleira.
Premio O Barco de Vapor no 1994, por O misterio dos fillos de Lúa.