28/03/14

Recoméndollo a todo o mundo


    O  libro consta de catro contos cortos, que, según di o propio autor nun momento da narración, son historias que lle conta o seu pai anos atrás...         se queres saber máis sobre o autor preme aquí.
Sara Gestal 2º A 


 1º O espello do viaxeiro Un home viaxa pola noite en medio dunha terrible tormenta.Buscando refuxio atopa unha casa solitaria no medio da nada. Alí un home lle deixa pasar e axúdao dándolle comida e deixándolle pasar alí a  noite.O viaxeiro se queda de pedra ao darse conta que o seu anfitrión, que era un ferreiro, era idéntico a el,agás que lle faltaba a pálpebra do ollo esquerdo.Durante toda a noite ocurrirán unha serie de sucesos estre ambos os homes.
O fornadasEste conto transcorre nun pobo onde vivía unha anciana mala como o mesmo demoñ. Eran tan grandes as súas maldades que o pobo enteiro tíñanlle inquina,e unha noite uns homes entran na súa casa e péganlle de tal modo que a matan. Aterrados queiman o corpo.
Pero un tempo despois cobran polos seus actos e van o cárcere pero a vinganza da anciana non rematara todavía...
A lobaO conto trata dun mulleriego chamado Silvestre, que tiña fama de galán senvergoña.Un día pediu refuxio nunha casa e coñeceu a Isaura,coa que non tardou moito tempo en enredarse.Pouco despois a moza quedouse embarazada.
Nun principio,Silvestre lle prometeu que se casaría con ela.Pero pouco despois diso, casouse con outra muller.E Isaura, na igrexa para acercouse a el e díxolle que lla debía un fillo e qu xa vería como llo iba a pagar.
Isaura apareceu pouco despois aforcada. Foi sentenciado suicidio polo que lle negaron santa sepultura.Poucos meses despois, a muller de Silvestre quedou en estado e....
O cumpremortes Un home recibe un día unha carta de luto, unha carta negra, na que di o día en que vai morrer pero non o ano.Crendo que é a morte a que llo advirte, o home fuxe, recibindo cada ano na mesma data,a mesma carta. O home seguirá a súa loita pola vida

É unha lectura moi lixeira, pódeste zampar o libro nun día e sobrarche tempo, pero non está mal como entretemento para lelo na casa. Recoméndollo a todo o mundo, sobre todo se lle gustan as historias de terror non moi forte.

Autor:Xabier P. Docampo
Editorial: Anaya infantil e xuvenil
Título orixinal: Cando petan na porta pola noite
Xénero: Terror
1º Edición en galego en 1994 e en castelán en 1996
(96 páxinas)