Amosando publicacións coa etiqueta ANDREA MACEIRAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANDREA MACEIRAS. Amosar todas as publicacións

16/06/13

UNHA VISITA ESPERADA


Andrea Maceiras visitou o noso instituto para falarnos do seu  libro, Violeta Tamurana. Sorprendeunos a actitude dela, moi vitalista a pesar de que parecía nova para ser unha escritora.


A súa visita resultounos moi entretida porque nos aclarou o contido do libro. Pareceunos unha muller moi entregada ao que fai , escribir novelas. Pasounos unha serie de fotos do seu libro e dalgunha das súas presentacións. Ademais falounos das posibles consecuencias desastrosas para o medio ambiente producido polo cambio climático, cousa que se intúe ao ler Violeta Tamurana.

En canto ao seu libro... É moi interesante. A nós gustounos pola súa creatividade á hora de elixir os personaxes (a súa cor, o seu carácter, o seu físico...) e tamén como resolve a trama que semella unha historia que podería ter acontecido no mundo da realidade, porque as dictaduras son perigosas para a boa convivencia e a democracia.

En fin gustounos moito a súa visita e agardamos que para o ano que ven volva con moitas historias máis que contarnos e agradarnos as mañás do club de lectura...

Abrazos e saúdos agarimosos de:

Carlos Sanjurjo Rey e Adrián Landeira Ben.  1º ESO A

15/04/13

VIOLETA TAMURANA

Gustoume a novela de Andrea Maceiras porque conta unha historia fantástica, pero á vez, conta unha das cousas máis graves que acontecen na actualidade que é o racismo. A personalidade do protagonista cambia moito no avance da historia: ao principio era moi temeroso e covarde, pero á medida que ían acontecendo os feitos, volveuse máis violento.
A amizade que hai entre o protagonista e a rapaza que coñece sorprendeume un pouco porque, sen saber nada o un do outro, levounos a confiar entre eles como se se coñecesen de toda a vida.
A relación que hai entre todos os personaxes parte da persecución  que teñen por querer que no mundo haxa igualdade para eles e para todas as persoas de distinta raza e cor
Alberto García

25/12/12

VIOLETA TAMURANA

Fai uns días acabei de ler o libro do noso club de lectura, Violeta tamurana. Neste, o protagonista, Pao, ten que viaxar dende Tamurana, a terra onde nacen as tamuras, ata ó continente dos Luminosos para atopar o seu tío Cairo, o que, ao xuntarse cos Luminosos e observar as súa cor branca, olvidara por completo as súas raíces e a cor da súa pel, o violeta.


Neste novo continente, Pao aprende un novo idioma e acostúmase ás novas normas. Ademais, dáse de conta de que, alí, os habitantes de Tamurana estaban moi mal vistos e que a súa cor violeta lles daba noxo. Aínda que todo isto era producido por unha droga que o goberno lles daba ós estudantes e a xente nova.

Tamén, nestas novas terras, Pao coñece a Alén, que era a filla do presidente do goberno deste lugar. Ela dérase á fuga e o seu pai xunto cun exército andaba buscándoa. Así, con esta rapaza conseguirá, por fin, atopar ó seu tío.

Se te paras a ler un pouco por riba das frases desta historia, observarás que fai unha gran crítica ó racismo. E aínda que é un pouco infantil, paréceme moi importante que fale disto, xa que se dirixe a nenos e nenas, que son os que poden chegar a cambiar esta situación de desigualdade do mundo nun futuro.

Persoalmente, a min, non me gustou moito porque o vin, como xa dixen, un pouco infantil. Por esta razón, non o recomendo á xente da miña idade.

Noemi Iglesias