16/06/13

UNHA VISITA ESPERADA


Andrea Maceiras visitou o noso instituto para falarnos do seu  libro, Violeta Tamurana. Sorprendeunos a actitude dela, moi vitalista a pesar de que parecía nova para ser unha escritora.


A súa visita resultounos moi entretida porque nos aclarou o contido do libro. Pareceunos unha muller moi entregada ao que fai , escribir novelas. Pasounos unha serie de fotos do seu libro e dalgunha das súas presentacións. Ademais falounos das posibles consecuencias desastrosas para o medio ambiente producido polo cambio climático, cousa que se intúe ao ler Violeta Tamurana.

En canto ao seu libro... É moi interesante. A nós gustounos pola súa creatividade á hora de elixir os personaxes (a súa cor, o seu carácter, o seu físico...) e tamén como resolve a trama que semella unha historia que podería ter acontecido no mundo da realidade, porque as dictaduras son perigosas para a boa convivencia e a democracia.

En fin gustounos moito a súa visita e agardamos que para o ano que ven volva con moitas historias máis que contarnos e agradarnos as mañás do club de lectura...

Abrazos e saúdos agarimosos de:

Carlos Sanjurjo Rey e Adrián Landeira Ben.  1º ESO A