VIOLETA TAMURANA
Gustoume a novela de Andrea Maceiras porque conta unha historia fantástica, pero á vez, conta unha das cousas máis graves que acontecen na actualidade que é o racismo. A personalidade do protagonista cambia moito no avance da historia: ao principio era moi temeroso e covarde, pero á medida que ían acontecendo os feitos, volveuse máis violento.
A amizade que hai entre o protagonista e a rapaza que coñece sorprendeume un pouco porque, sen saber nada o un do outro, levounos a confiar entre eles como se se coñecesen de toda a vida.
A relación que hai entre todos os personaxes parte da persecución que teñen por querer que no mundo haxa igualdade para eles e para todas as persoas de distinta raza e cor
Alberto García