A CONDESA REBELDE
Ata nós chega unha literatura de hai séculos, unha literatura da mán dos mellores escritores daqueles tempos. Un exemplo é Rosalia de Castro, do século XIX e principal precursora da literatura galega. Unha muller escritora, e loitadora. Neste mesmo século , Emilia Pardo Bazán, outra muller escritora, abríase oco entre os máis ilustres. Sempre loitando polo seu recoñecemento.
Emilia era unha muller galega, nacida o 16 de Setembro do ano 1851, na Coruña. Vivía en moi boas condicións xa que procedia dunha familia nobre. Casada, e nai de tres fillos, a súa vida cotía relegábase, segundo os ollos do seu marido, as tarefas do fogar, malia que iso era o esperado, Emilia escribía, e escribía as mellores novelas en castelán. O seu traballo non era enteira mente recoñecido polo feito de seren unha muller escritora. Considerábase que a muller non podía ter un oficio e adicarse plenamente a el.
A sociedade aínda non estaba preparada para a igualdade. Na educación a muller non se consideraba propia para teren uns estudos igual ós dos homes.
Emilia sobre todo isto, un amor pola literatura, que non pode deixar crecer os ollos da sociedade polo machismo que se vive nesta época.
É recoñecida polos grandes escritores, pero non é apoiada pola súa xente, só polo seu pai, que quere o mellor para a súa filla, dalle a forza para que sga adiante e cumpra os seus soños sen renderse.
Marcha a Madrid có fin de conseguir todalas súas metas e ser recoñecida como a grande escritora que é. Co paso do tempo, consegue entrar no Ateneo, grazas a unha votación que lles da paso as muller para formar parte desta sociedade. Emilia, como á gran persoaxe que era, foi a primeira muller en formar parte da Real Academia Española. Consegue os seus propó sitos grazas ao seu esforzo, perdendo moitas cousas e gañando outras, como ser unha das escritoras máis recoñecidas na actualidade.
Elena Veiga