DRAGAL II
Din que todas as historias perden o seu encanto na súa segunda parte pero, desta vez, equivócanse. A metamorfose do dragón é a segunda entrega da saga Dragal, a que non deixa mal sabor de boca despois de ler Dragal I. De feito, a min gustoume máis incluso que o primeiro.
Neste, a amizade e o destino, mesturado con fantasía, enfróntanse nun combate no que Mónica e Hadrián terán que loitar. Loitar pola súa amizade, polo segredo que os une, por Dragal e pola vida de Hadrián. Os dous terán que apoiarse mutuamente nesta etapa de transformación que Hadrián está sufrindo. Xuntos, e coa axuda do axente Cortiñas e do párroco don Xurxo, seguirán investigando o segredo que esconde o dragón.
Este libro, rematado cun final intrigante, deixarache unhas ansias que só poderás aliviar lendo o seguinte volume. A min, deixoume intrigada, polo que xa vos contarei qué tal a experiencia co seguinte libro.
Noemi Iglesias