Esta novela de Maite Carranza narra a constante rifa que existe entre os dous clans de bruxas protagonistas, as Omar e as Odish. Sendo os dous fillos de O, a gran bruxa que escondeu no fondo da Terra un cetro que concederá o máximo poder á bruxa elixida.
Todo comeza co secuestro de Selene, a nai de Anaíd. Entón, todas as Omar involucraranse no seu rescate. Durante este tempo, a personaxe principal, Anaíd, unha nena de catorce anos, darase de conta que é a elixida. Ademais será enganada varias veces por persoas queridas por ela e aprenderá que non se debe xulgar pola aparencia porque nada é o que parece.
Noemi Iglesias
Anaíd era unha rapaza descontenta consigo mesma pero, co paso do tempo, no libro móstrase como se vai coñecendo e aprendendo dela mesma, o que fará que consiga descubrir todas as súas virtudes e, así, poder sacar o mellor dela, neste caso, os seus poderes máxicos.
Eu sentinme identificada con esta personaxe, debe ser por iso polo que me gustou tanto o libro, ademais de que tratase sobre criaturas sobrenaturais, cousa que tamén axudou, porque encántanme todas esas cousas místicas.
En resumo, o que podo sacar entre liñas deste libro é que todos debemos aprender a coñecernos a nós mesmos para poder sacar o mellor de cada un de nós e que non debemos guiarnos por unha aparencia porque pode ser enganosa.