25/04/13

Adentrándonos no mundo da poesía



Este mércores Dores Tembrás, unha recoñecida poeta e antiga alumna do noso instituto fíxonos una pequeña visita de dúas horas, na que inculcounos un pouco máis no mundo da literatura.
Explicounos como fora a súa infancia no instituto e logo xa empezamos empezamos a traballar nun pequeño obradoiro.
Primeiro vimos unas pintadas e nos tíñamos que dicir o que viamos e como o víamos, e ela axudounos a velas dende una perspectiva diferente. Dores transmitía seguridadem alegría e humildade; era una muller ambiciosa. Fixonos crer que con esforzo todo se pode conseguir, e que no mundo da literatura queda pouco que dicir, así que se queremos ser alguén neste mundo temos que arriscar no que dicimos e como o expresamos. Eu diría que nos abriu ao exterior, aprender a ver as cousas de una forma diferente. 
Ao final, fixemos un pequeño xogo no que tiñamos que escoller una palabra, explicar os motivos polos cales a escollemos e facer una pequeña composición basándonos nesa palabra. A miñas palabra foi "raia", a dicir verdade non sei moi ben porque a escollín, quizais porque ten semellanza coa perfección e tamén porque pódese xogar de moitas formas con ela. 
En definitiva, que aprendín moitas cousas, non só no ámbito literario senón tamén como persoa, que con esforzo e humildade podes conseguir o que te propoñas. Por certo, leveime una chapa.

E aquí o meu poema :

"Unha simple raia a podemos atopar en calquer lugar,
pero para encontrar a mellor hai que saber onde mirar.
Esta raia transmíteme perfección.
Hai raias que che fan sentir no ceo,
pero esas non as aprecio.
Esnifa as raias de entre os versos."

Se queres ler máis comentarios sobre a actividade,
preme aquí

Alex Teira