15/06/13

Descubre todo o que pode cambiar a túa vida en cuestión de segundos.


" Hai catro anos, Bárbara Molina, daquela unha rapaza de quince anos, escapou de casa. Sen motivo, sen razón aparente. Fuxiu o vinte e dous de marzo do 2005, martes, e deixou unha nota manuscrita.Tratábase da típica nota de adolescente, escrita con présa, tallande, definitiva e tráxica: Voume, non me busquedes. Bárbara. " 
Bárbara era unha moza normal, unha adolescente coa súa vida fóra e no interior da súa casa. Qué puido levar a Bárbara a fuxir da casa? Qué motivo a atormentaba tan fortemente coma para alonxarse da súa familia? Seica pode que fose a súa ruptura co seu mozo Martín Borras; a ruptura da súa amizade con Eva Carrasco, a súa mellor amiga dende que ten recordo; as quedadas có seu profesor de historia e a súa grande relación ou mesmo, as súas discusión familiares e o afán do seu pai por protexer a súa nena.Elena 3º A

Fose o que fose, Barbara leva 4 anos desaparecida, sen que ninguén soubera nada dela. Só unha chamada dende Lleida un día despois da súa desaparición. Agora, unha chamada o cambiara todo, só unha chamada fará que o subinspector Salvador Lozano descubra todo o que acontece no caso, aínda aberto, da desaparición de Bárbara. 
Revelar o final seria unha auténtica locura. Busca un pouco do teu tempo e descubre o que pasou con Bárbara, descubre todo o que pode cambiar a túa vida e a dos que te rodean en cuestión de segundos. 

Palabras envelenadas, un libro de Maite Carranza.