21/06/13

O lector


Todo comezou cando Michael tiña 15 anos e coñoceu a Hannah, unha muller de 32 anos, coa cal vivíu unha relación amorosa non moi propia de persoas con esa diferencia de idade; pero isto non é o que máis chama a atención da novela, xa que despois Hannah desapareceu deixando marcado a Michael que nunca se esqueceu dela.
Pero os seus camiños volveron a cruzarse cando Michael, estudante de dereito acudiu a un xuízo con outros compañeiros; resultou que nese xuízo estaba Hannah acompañada doutras mulleres, e estaban sendo acusadas de ser Guardianas de xudeus na alemaña da 2ª Guerra Mundial. Hannah foi condenada a 20 anos de cárcere, puido ser menos tempo, pero ela deixou que a acusaran de feitos cos que non tivera relación, todo por que non quería que ninguén soubera que non sabía ler nin escribir.


Despois disto, pasaron moitos anos ata que Hannah volveu saber de Michael, cando él comezou a grabar cintas lendo libros, por que sabía que a ela lle gustaba e que non os podía ler. Cando chegou o día en que por fin sairía do cárcere, él foina buscar, pero Hannah suicidárase. 
Chámame moito a atención o feito de que unha persoa, cando está a piques de ser libre, teme tanto esa liberdade que se quita a vida, é un libro que dá moito que pensar.
E se che gusta tamén podes ver a película, aquí deixo o trailer, xa verás como che interesa.
Jessica Marcote Lobelos