30/01/14

UNHA HISTORIA DELICADA

O libro do club de lectura , La nieta del señor Lihn, paréceme unha bonita historia. Trata dun señor que emigraba do seu pais escapando da guerra. Unha das dificultades do señor é que non se podía comunicar ca xente porque non coñecía o idioma e eso impedia a comunicación entre eles. Ten un misterio que non sabes de que pais ven e a que país se vai. Gustoume moito e o recomendo a xente que lle gusta ler.

                                               Sharon Carmona Andrade 3ºB

20/01/14

PREMIO ARCEBISPO CLEMENTE

http://www.lacasadeel.net/2014/01/arturo-perez-reverte-recibira-entre-otros-el-premio-literario-san-clemente.html
Acertamos plenamente na elección da novela que estamos a ler: Os fillos do mar foi premiada polo alumnado dun instituto de Santiago

15/01/14

Sen Juan Gelman

O mundo ten menos cor desde que este martes nos deixou o arxentino Juan Gelman. Poeta, activista político e fervente defensor dos dereitos humanos, sufriu a ditadura no seu país e exiliouse a México; non só iso: o seu fillo e a súa nora "desapareceron" co réxime militar. Todo isto orixinou feridas que nunca cicatrizaron pero Gelman nunca se rendiu ao odio nin a amargura. Na súa honra deixamos un poema seu:



Epitafio

Un pájaro vivía en mí.

Una flor viajaba en mi sangre.

Mi corazón era un violín.

Quise o no quise. Pero a veces

me quisieron. También a mí

me alegraban: la primavera,
las manos juntas, lo feliz.

¡Digo que el hombre debe serlo!


Aquí yace un pájaro.
Una flor.
Un violín.


Podedes ler unha das últimas entrevistas nun periódico español aquí. Deixámosvos cunhas palabras súas:



11/01/14

MOMENTOS ESTELARES DE LA HUMANIDAD

"Wilson Fracasa"

Woodrow Wilson
O relato escrito por Stefan Zweig en "Momentos estelares da humanidade" trata sobre as ideas de Wilson (presidente de Estados Unidos ata 1917) ante a guerra e como os vencedores desta púxeronse na súa contra.

Wilson rexeitaba a guerra, pola contra defendeu unha nova organización no mundo coa que os gobernados estivesen de acordo. Pensando que sería a última, o presidente declaroulle a guerra a Alemaña.

Cando a guerra rematou, Wilson partiu a París a unha Conferencia de Paz, sendo este agardado por unha multitude que cría firmemente nel para acadar a paz.

Sen embargo, os aliados europeos querían vinganza, ao que os estadounidenses responderon illándose políticamente e polo tanto rexeitando calquera acordo con París. Este feito impulsaría os conflitos durante a posguerra e o posterior comezo da Segunda Guerra Mundial.

Zweig escribe este relato atendendo ao punto de vista do presidente Wilson e ás súas boas intencións a pesar do inminente fracaso. Na súa lectura pódese sentir o entusiasmo co que a xente esperaba ao presidente e a ilusión dos seus obxectivos cumpridos, que por desgraza non chegaron a cumprirse.

Joana Iglesias Quiroga 1º B