27/05/14

CON DÍAZ CASTRO NO "ÁGORA"

O Martes 20, ás 16.00, todos os clubs de lectura do instituto fumos ao Ágora para asistir a unha homenaxe dedicada a Xose María Díaz Castro. O acto empezou coa lectura de diversos poemas do autor por alumnado representante de varios institutos da cidade (Monelos, Urbano Lugrís, Agra de Orzán...). Estaba organizado polo instituto de Guitiriz -que leva o nome do autor dos versos- que nos sorprendeu cunhas actuacións musicais de moita xente. Pero o máis importante foi a proxección dunha película, Os camiños esquencidos, sobre a vida do autor. Ao remate fixemos varias preguntas aos autores e a algún actor.
A min gustoume moito e aos meus compañeiros tamén.


Aarón Lema, 3ºA

26/05/14

Tarde do martes no Ágora


O Martes 20 as 16.00 todos os clubs de lectura do instituo fumos ó Ágora a ver unha exposición dedicada a Xose María Díaz Castro, pero... ollo !!! Non foi unha exposición calquera senón  que lemos estrofas do poema "Penélope" e moitos outros que agora non me acordo o nome.

Despois vimos unha obra de teatro na que se explicaba a súa vida de forma moi breve  e, ao final, fixeron coloquio no que calquera podía facer unha pregunta e cha contestaban.

A min gustoume moito... a verdade e parece que ós do instituto tamén lles gustou, as actividades e máis estar con compañeiros e compañeiras de varios institutos como o Agra do Orzán 1, o Monelos, o Urbano Lugris, etc

Aarón Lema, 3ºA

MARCAPÁXINAS MOI ... MOI... ORIXINAIS


20/05/14

UNHA GRATA EXPERIENCIA

Cada día síntome máis orgullosa de formar parte do alumnado do IES ELVIÑA. E, cando digo isto, é por unha razón de peso. O pasado xoves, 15 de Maio, contamos coa presenza dun escritor galego coñecido sobre todo pola súa novela "Os fillos do mar". El é Pedro Feijoo.

En primeiro lugar, mostrounos algunhas facetas da súa traxectoria que descoñecíamos. Ademais de adicarse á escritura, tamén foi membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz Lamatumbá. Pero iso deixou de ser importante para poder centrarse de cheo na literatura, xa que é un longo camiño debido ós prexuízos que existen contra a literatura galega.

Posteriormente, algúns alumnos (ademais de Elviña, había tamén lectores de Carballo e do Urbano Lugrís) fixéronlle varias preguntas dende a súa vida ata as súas obras, unha desas cuestións foi que para escribir tes que sentir algún tipo de paixón ou algo no que te vexas reflexado para poder transmitilo. 
Así que Pedro respondeu con claridade e dixo que, por exemplo, en Os fillos do mar quería deixar a constancia do peso da memoria da historia; a través do protagonista (Simón Varela)  rescatou a historia da cidade de Vigo e das súas construccións. 
Outra pregunta foi en quen se inspirara para escribir as súas novelas. Dixo que en varios autores importantes da historia da literatura galega, como Rosalía; pero, sobre todo, en Eduardo Mendoza e Suso del Toro. 
Ademáis, tamén nos contou que na súa primeira novela (Os fillos do mar) non quería escribila cunha trama que podía ubicarse en calquera parte da xeografía española, senón todo o contario: construír unha trama que só sucedese en Galicia, utilizando uns referentes galegos, para darlle unha aparencia de novela áxil, entretida, pero cunha historia e cuns referentes nosos. 
 Laura Sabugo, 1º bacharelato
 Aquí tedes o vídeo (grabado polo noso Carlos) que da fe da crónica.


17/05/14

Xosé M. Díaz Castro

Este fermoso poema é seu...


08/05/14

A VOLTAS CO ULISES



A semana pasada viñeron ao noso centro Lino Braxe e Ana Pontón. Eles escribiron unha comedia titulada Ulises, baseada nesta figura mitolóxica. Estivemos na biblioteca e explicaron o motivo polo que decidiron recrear este personaxe en forma de comedia: Consideran que pretendían facer un divertimento que servise para que o pasasen ben os lectores. Dixeron que eles gozaran moito durante a creación e animáronnos a representar a obra. Iso si, pensan que non a debemos coller ao pé da letra, senón adaptala ao noso xeito de ver as cousas. O importante é que o pasemos ben. En principio saímos con moito interese. Veremos agora se realmente levamos adiante o proxecto.
Non queremos rematar sen resaltar o grao de comicidade deles durante a exposición do tema. Con persoas así dá gusto participar na cultura. 

Natalia García Candal
Leticia Varela Cebeira

01/05/14

Velaquí un libro entretido e ben escrito por Ledicia Costas. Enganchoume ata o final, gustáronme  as personaxes e como estaban presentadas. Se tivese que elexir quedaríame con Mar, a mellor amiga da protagonista (Isla) e o seu punto de apoio, sempre valente e boa amiga.
Queda moi ben reflexada a actualidade, aínda que o asasinato final da historia sexa algo difícil de darse na vida real.
Eu cambiaría algunhas cousas, por exemplo, paréceme que a contorna  que rodea a Isla  é moi negativa en todos os aspectos: na escola, na rúa, na casa e na súa vida en xeral. Que todo sexa tan malo converte a historia nun relato un pouco triste e algo incómodo de ler .
Sara Gestal Valeiro 2º A